Este é o reel elixido para o concurso EPASvsDISINFO
#EPASvsDisinfo
@parlamentoeuropeo
Situamos as personaxes de Disney en distintos países europeos e resumimos os contos.
Xa están listos os mapas de Europa con personaxes de Disney. Esta actividade forma parte do proxecto colaborativo "Disneyeuropeos" entre os departamentos de xeografía e historia, plástica, inglés, francés e música.
Hoxe celebramos o Día das Linguas Europeas cunhas actividades de potenciación das linguas minoritarias que se falan en Europa.
O alumnado de 1º e 2º de ESO elaborou uns carteis coas linguas minoritarias europeas e participaron no concurso que organizaron os departamentos de linguas do centro, para amosar que a diversidade lingüística é unha parte esencial da riqueza cultural europea.
O xoves 9 de maio o noso alumnado estivo cantando a canción do "pobo" en diferentes idiomas para celebrar o día de Europa.
#escuelasembajadoras
#EPAS2022
O venres día 3 de maio os embaixadores europeos visitamos á feira situada na praza maior de Verín.
Alí entregamos folletos con información acerca das eleccións do 9 de xuño, os folletos feitos por nós mesmos.
Con grande ilusión e entusiasmo, manifestamos o noso interese en participar no Obradoiro “Xuventude Rumbo a Europa”, unha iniciativa que re...