martes, 5 de mayo de 2026

Estrasburgo

 Un día inesquecible para o alumnado do Taboada Chivite no Parlamento Europeo en Estrasburgo grazas ao programa Euroescola.


Durante a sesión, puideron debater sobre cuestións clave da democracia europea: dende a igualdade de xénero ou o alcance do estado de dereito. O alumnado púxose na pel dos eurodeputados, defendendo e argumentando sobre temas vitais para o presente e o futuro de Europa.


Incluso Emma Rodríguez Gómez tivo a oportunidade de participar no hemiciclo, facendo desta experiencia algo aínda máis especial.


Pola tarde continuamos descubrindo a cidade: paseamos pola encantadora La Petite France, cruzamos os históricos Ponts Couverts e visitamos a impresionante Catedral de Notre Dame de Estrasburgo.




Unha xornada chea de aprendizaxe, debate e cultura que o alumnado lembrará sempre 🇪🇺
en Estrasburgo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Estrasburgo

 U n día inesquecible para o alumnado do Taboada Chivite no Parlamento Europeo en Estrasburgo grazas ao programa Euroescola. Durante a sesió...