miércoles, 6 de mayo de 2026

Participación do centro na TCA “Celebrando Europa” para a formación de futuros Embaixadores Erasmus+

 O noso centro participará na TCA “Celebrando Europa: participación democrática e valores europeos”, unha acción formativa dirixida á preparación de futuros Embaixadores Erasmus+. Esta iniciativa constitúe unha excelente oportunidade para reforzar o compromiso co proxecto europeo e afondar no coñecemento dos seus principios fundamentais.

Seguimos a traballar de maneira decidida pola internacionalización do centro, promovendo a cidadanía europea, a participación activa e a transmisión dos valores democráticos que sustentan a convivencia na Unión Europea 💙

 



#erasmusplus #embaixadoreserasmus #valoreseuropeos #sepie

Nomeamento do alumnado como Embaixadores Europeos no programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo

O alumnado de 1º de Bacharelato e 4º de ESO recibiu os seus diplomas como Embaixadores Europeos no marco do programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, unha iniciativa que ten como obxectivo achegar a realidade da Unión Europea á mocidade e fomentar a súa implicación activa na vida democrática.

Este recoñecemento supón un importante logro para o noso alumnado, que pasa a desempeñar un papel activo como portavoz dos valores fundamentais da Unión Europea, tales como a solidariedade, a democracia, a diversidade e o respecto. A través desta distinción, ponse en valor non só o seu coñecemento sobre as institucións europeas, senón tamén o seu compromiso coa construción dunha sociedade máis xusta, inclusiva e participativa.

No IES Xesús Taboada Chivite seguimos a apostar por un modelo educativo aberto ao mundo, que promove o pensamento crítico, a participación activa e o desenvolvemento de competencias clave para o exercicio dunha cidadanía responsable. A nosa comunidade educativa traballa de maneira constante para fortalecer o vínculo do alumnado co proxecto común europeo, fomentando actitudes de compromiso, cooperación e respecto polos valores compartidos que sustentan a convivencia na Unión Europea.

Con iniciativas como esta, reafirmamos o noso compromiso coa formación integral do alumnado, preparándoo para afrontar os retos do presente e do futuro desde unha perspectiva europea, plural e solidaria.



 #EmbajadoresEuropeos #EPAS #EducaciónEuropea #JuventudEuropea

martes, 5 de mayo de 2026

Estrasburgo

 Un día inesquecible para o alumnado do Taboada Chivite no Parlamento Europeo en Estrasburgo grazas ao programa Euroescola.


Durante a sesión, puideron debater sobre cuestións clave da democracia europea: dende a igualdade de xénero ou o alcance do estado de dereito. O alumnado púxose na pel dos eurodeputados, defendendo e argumentando sobre temas vitais para o presente e o futuro de Europa.


Incluso Emma Rodríguez Gómez tivo a oportunidade de participar no hemiciclo, facendo desta experiencia algo aínda máis especial.


Pola tarde continuamos descubrindo a cidade: paseamos pola encantadora La Petite France, cruzamos os históricos Ponts Couverts e visitamos a impresionante Catedral de Notre Dame de Estrasburgo.




Unha xornada chea de aprendizaxe, debate e cultura que o alumnado lembrará sempre 🇪🇺
en Estrasburgo.





viernes, 21 de marzo de 2025

Visita de Pilar del Oro

 Hoxe visitounos Pilar del Oro no instituto, unha persoa cun cargo moi importante dentro da Unión Europea a que agradecemos moito os seus consellos.

Pilar del Oro advertiunos da importancia de certas cousas no noso futuro e deunos consellos como o de aprender linguas e non desperdiciar as oportunidades que nos ofrezcan.

Falounos do Erasmus e o agraciados que somos estando nun instituto como o noso que participa en moitas actividades e é unha escola embaixadora, cos seus respectivos embaixadores junior.

Agradecémoslle a súa visita de novo.








miércoles, 12 de febrero de 2025

DISNEYEUROPEOS

  Xa están listos os mapas de Europa con personaxes de Disney. Esta actividade forma parte do proxecto colaborativo "Disneyeuropeos" entre os departamentos de xeografía e historia, plástica, inglés, francés e música.




@parlamentoeuropeo

#EPAS2024

Interese do centro no Obradoiro “Xuventude Rumbo a Europa” e no impulso da participación europea do alumnado

 Con grande ilusión e entusiasmo, manifestamos o noso interese en participar no Obradoiro “Xuventude Rumbo a Europa”, unha iniciativa que re...